Descrición
O primeiro grupo localízase sobre unha gran laxe a ras do chan, onde se poden observar combinacións circulares, cazoletas, varios motivos cruciformes, embarcacións e outros motivos de difícil interpretación.
As combinacións circulares, presentan un trazo radial prolongado ao exterior, nalgúns casos incompletas, e cun diámetro que varía entre os 25 e os 75 cm. Na zona central podemos ver cinco embarcacións de vela de tres mastros, que corresponderían á Idade Moderna. Teñen unhas lonxitudes que varían entre os 70 e os 45 cm.
Pinchando aquí podes ver o modelo editado con MeshLab. Tamén podes ver o calco completo con todas as representacións e calco sur.
Para máis información consulta o Museo Arqueolóxico Aberto.
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. 2008, “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres Editores.
Comments