Descrición
Este grupo ocupan unha superficie de 6x3,50 m. Composto por un amplo conxunto de círculos concéntricos (uns 18), algúns de ata cinco círculos, asociados nalgúns casos a trazos radiais, coviñas centrais, rebaixes rectangulares e coviñas illadas. Catro combinacións circulares están combinadas con rebaixes cuadrangulares, similares aos existentes noutras estacións. Destaca tamén, pola súa importancia, a representación dunha arma (75x15 cm), tipo puñal ou espada curta, unida por un trazo ás combinacións de maior tamaño. Algúns gravados desta laxe son xa case inapreciables.
Pinchando aquí podes ver o modelo editado con MeshLab. Nesta imaxe apreciase o puñal ou espada curta.
Para máis información consulta o Museo Arqueolóxico Aberto
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. 2008, “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
Comments