►FICHA TÉCNICA: ![] (http://oi66.tinypic.com/1zejkau.jpg)
• Número de Inventario: 9404.
• Título: Cabeza de granito de Gaxate.
• Procedencia: Inmediacións do Castro de Gaxate, A Lama (Pontevedra)
• Circunstancias da descoberta: Achado casual.
• Tipoloxía: Escultura/Cabeza.
• Material: Pedra/Granito
• Época: Castrexa (?)/Galaicorromana
• Medidas: 18,50x10,50x12,50 cm.
• Coleccións: Fondos Arqueolóxicos do Museo de Pontevedra.
http://catalogo.museo.depo.es/inweb/ficha.aspx?t=o&id=21637
► DESCRICIÓN:
Trátase dunha cabeza lixeiramente oblonga sostida por un pescozo alto e robusto. Os ollos están conseguidos por medio de senllas incisións circulares, aparecendo as pupilas moi avultadas. O nariz é triangular de base ancha e está lixeiramente erosionado. A boca é unha sinxela incisión horizontal. Ten labradas as dúas orellas, consistentes en simples avultamentos oblongos. Pola parte posterior e rodeando os apéndices auriculares está ben marcado o cabelo.
► AUTOR DO MODELO 3D: Eloy Martínez Soto.
Comments