Triangles: 180k
Vertices: 93.2k
More model informationBase do Cruceiro do Hío.
Composto por catro fornelas orientadas aos catro puntos cardinais, a súa lectura, como xa se sinalou, permítenos facer un percorrido pola Historia da Salvación.
Comeza con Adán e Eva no Paraíso, collendo ela o froito prohibido o que provoca a súa expulsión (fuste do cruceiro). Este episodio, coñecido como o Pecado Orixinal inclúe unha promesa de salvación por medio da morte e resurrección de Cristo e tamén da intercesión dos santos, o que se representa nas outras dúas fornelas: Cristo liberando aos Xustos do Limbo e a Virxe do Carme como redentora das almas do Purgatorio, quen colle da man a un sacerdote con barrete.
Comments