Dolmen de Pedra Vixía (GA15093006), localizado no lugar de A Braña, concello de Zas (A Coruña-Galicia).
Túmulo megalítico de aproximadamente 15 m de diámetro e aparentemente tan só 50 cm de altura. No centro do túmulo conserva os restos dunha cámara poligonal de sete ortoestatos e posible corredor aberto ó SE. Algún dos chantos acada os 2 m de altura. A maior parte dos ortoestatos da cámara están moi inclinados e a tapa partida en varias partes. Esta destrucción parece que se produciu a mediados do s. XX, como consecuencia do intento de utilización destas pedras, por parte dun veciño da parroquia de Lamas, para empregalas na construcciónd a súa casa. Por outra banda, o túmulo semella estar bastante rebaixado polo traballo forestal.
**Ficha Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Zas (2007) **
Localización Google Maps: https://goo.gl/maps/gLzFwnzGDtpVcDtN7
Comments