►FICHA TÉCNICA: ![] (http://oi66.tinypic.com/35kkfna.jpg)
• Número de Inventario: 8886
• Título: Gravados dunha lousa da Mámoa da Braña.
• Contexto de campo: Corrospedriños, San Paio de Refoxos (Silleda)
• Tipo de contexto: Achádego casual.
• Tipoloxía: Lousa.
• Material: Pedra/Granito.
• Época: Megalitismo
• Medidas: 63x57x45 cm.
• Coleccións: Fondos Arqueolóxicos do Museo de Pontevedra.
► DESCRICIÓN:
Modelo 3D dos gravados dunha lousa da Mámoa da Braña. Trátase dun fragmento de ortostato con decoración xeométrica gravada; liñas ondulantes agrupadas, algunhas delas enmarcadas. Procede, xunto con outras dúas lousas gravadas, dunha cámara megalítica achada nunha propiedade privada que fora destruida por labores agrícolas en novembro de 1974. Esta peza atópase na Sala de Arqueoloxía do Museo de Pontevedra (Edificio Sarmiento)
► AUTOR DO MODELO 3D: Eloy Martínez Soto.
Comments