Inscrición da porta meridional de San Martiño3D Model
Inscrición da porta meridional de San Martiño
20
20 Downloads
105
105 Views
1Like
Triangles: 269.5k
Vertices: 135.6k
More model information
► DESCRICIÓN
Inscrición da porta meridional da igrexa románica de San Martiño de Moaña (Pontevedra). No epígrafe, aínda que moi deteriorado, pode apreciarse o seguinte texto:
[E R A] M C: C: X X X V HE [ECLESIA] FU[NDATA EST] : DIA VII :
EDI [FI]CAVI : MI : [ET] O[MNI]BUS FAM[ILI]IS A traducción sería a seguinte:
Na era de 1235 foi fundada esta igrexa en domingo. Mandeina edificar para min e para todas as familias.
Tendo en conta que no ano 1384 se fixo unha reforma do calendario, segundo a cal había que restarlle trinta e oito anos as datas anteriores, este ano que figura na inscrición corresponde a 1197.O texto indicaría, polo tanto, a data de consagración da igrexa.
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Jan 21st 2017
Comments