►FICHA TÉCNICA: ![] (http://oi64.tinypic.com/anm06.jpg)
• Número de Inventario: 2203.
• Título: Lintel con escena de pesca (Rianxo).
• Procedencia: Rianxo (Pontevedra).
• Circunstancias da descuberta: Achado casual.
• Designación: Arquitectura/Lintel.
• Material: Pedra/Granito.
• Época: Medieval/Gótico (s. XV).
• Medidas: 193x50x21 cm.
• Departamento: Fondos Xerais.
► DESCRICIÓN:
Lintel do século XV que representa unha escena de pesca.Á dereita aparecen representadas dúas figuras humanas recollendo o copo ou saco da rede.Dentro do copo aparecen catro peixes representados, mentres otro peixe máis grande situado á esquerda da escena parece escapar do arrastre da rede.O lintel foi atopado por Castelao en Rianxo e entregado á Sociedade Arqueolóxica.Probablemente coroaba a entrada dunha casa de mariñeiros.Trátase dunha peza de gran importancia pola singularidade da súa temática.
► AUTOR DO MODELO 3D: Eloy Martínez Soto.
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Comments