Ménsula 1, Pazo de Xelmírez3D Model
GAL
** Ménsula, salón do Pazo de Xelmírez, s.XIII. (Santiago de Compostela) **
Única ménsula situada no lado occidental en líña coa fachada da Catedral.
No centro, dous personaxes sentados sosteñen un organistro lixeiramente mutilado que non afecta á interpretación do documento. Ámbolos dous músicos visten roupas de bordos decorados e coroas con xemas que cinguen as súas cabezas. Na imaxe vemos como o instrumento está colocado nunha posición oblicua con respecto ao eixe do corpo xa que as teclas retoman a súa posición polo seu propio peso.
Ao lado esquerdo un músico, fai soar cun arco que ataca as cordas na metade da caixa, unha viola oval de perna que a xulgar pola súa lonxitude tería un mastro máis longo que o resto das violas. Unha decoración no extremo do cordal prolóngase por enriba do xeonllo. No lado dereito hai outro personaxe coa cabeza cuberta por un gorro e que por carecer de brazos non sabemos o que portaba.
► Model 3D by Studo3D
Comments