Ménsula 4, Pazo de Xelmírez3D Model
GAL
** Ménsula, salón do Pazo de Xelmírez, s.XIII. (Santiago de Compostela) **
Esta ménsula acolle a catro músicos representados na mesma posición, sentados e con instrumentos de corda. Os dous do centro teñen coroas nas súas cabezas e afinan unhas violas cun lixeiro estreitamento na caixa de resonancia que teñen neste salón unha das súas primeiras representacións. A diferenza dos outros músicos con violas, estes non levan arcos. Á súa esquerda un músico posa cunha viola e sostén coa man dereita un arco. Este tipo de caixa de resonancia esta omnipresente tanto en instrumentos punteados como fretados ó longo da Idade Media. O arco non é frecuentemente representado máis que dunha maneira sucinta na iconografía. A variña non é máis que un simple soporte sobre o que se tenden as crinas, e en ningunha se aprecian detalles como a alza no talón do arco. Completa esta repisa un músico interpretando cunha cítola de catro cordas.
► Model 3D by Studo3D
Comments