Pía de morteiro de granito procedente do Castro dos Remedios de Tirán (Moaña). Trátase dun bloque granítico de forma cilíndrica cunha endidura na parte superior. A pía foi movida do seu contexto orixinal e colocada cunha finalidade ornamental nun xardín dun particular nos anos 60-70. Malia todo isto, os seus propietarios indicaron que orixinalmente a pía estaba semienterrada nunha finca do Castro, concretamente no lugar de Canexada, nunha zona moi próxima as sondaxes arqueolóxicas realizadas en 2003, as cales determinaron a existencia dun asentamento do Calcolítico na zona.Resulta moi difícil datar este muíño dada a perda do contexto arqueolóxico orixinal. Este tipo de pezas levan empregándose e reaproveitándose dende moi antigo no mundo rural como pías de morteiro ou de moenda para machuchar o millo.
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Comments