Descrición:
Localízase sobre unha laxe plana de complicado acceso debido ao desnivel e as irregularidades do terreo (sitúase a uns 30 metros da pista). Obsérvase unha serie de rebaixes cadrados (contabilizamos ata 15 de diferentes proporcións), o estilo Carnota, rodeados nalgúns casos con liñas perimetrais, que nalgúns casos chegan a formar un reticulado irregular. Trátase dunha representación de considerables dimensións (1,55 x 0,70 m). Na mesma laxe atópase unha representación idoliforme de 45 x 28 cm.
Pinchando aquí podes ver o modelo editado con MeshLab.
Para máis información consulta o Museo Arqueolóxico Aberto
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. 2008, “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña). VV.AA.: Fichas do inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
Comments