Pedra decorada de Fontefría (Trasalba, Amoeiro)3D Model
►FICHA TÉCNICA:
• Título: Pedra decorada do lavadoiro de Fontefría (Trasalba, Amoeiro)
• Ubicación: Fontefría, Amoeiro. Consulta a súa ubicación exacta aquí
• Época/Cronoloxía: Idade do Ferro
► DESCRICIÓN:
Trátase dunha pedra granítica de grao groso, de forma rectangular e fracturada nos laterais, con decoración de “SS” entrenzadas nas que os cruzamentos dos seus lazos conforman unha decoración romboidal que cubre todo o lateral da peza, enmarcado na parte superior por unha decoración de cordame. A pedra atópase no lavadoiro público de Fontefría, encostada nun muro. A pedra estaría destinada quizás a ser empotrada no paramento dunha casa, quizais no xambeado dunha porta. Máis información aquí
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Comments