Petróglifo de Chan do Caeiro (Meira, Moaña)3D Model
►UBICACIÓN:
Situado no lugar de O Caeiro, Santa Baia de Meira, Moaña. Consulta a súa ubicación exacta aquí.
► DESCRICIÓN
Petróglifo desprazado do seu lugar orixinal e enterrado sen a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio de Galicia por mor dunhas obras no terreo dun particular.Gravado nunha rocha exenta, de granito de gran medio/groso.A rocha mide 5‘50m.x2,50m. e ubícase na ladeira NE dun pequeno promontorio; presenta unha superficie rugosa propia da erosión e ten na zona do gravado un pequeno escalón natural de 10/15 cm con inclinación ao SW de forma suave.Está composto de tramos rectilíneos e cirulares concéntricos e cazoletas ou cruciformes no seu interior; ademáis, presenta outros gravados de difícil lectura.A rocha contén tamén marcas de canteiría e incrustacións de ferro.
CC AttributionCreative Commons Attribution
Comments