►UBICACIÓN:
Situado no lugar de Penedín, Reibón, parroquia de Meira (Moaña) Consulta a súa ubicación exacta aquí.
► DESCRICIÓN
O petróglifo ubícase nun outeiro conformado por afloramentos de granito, tal e como indica a toponimia, dentro dunha dorsal de acusada pendente cara o W. O gravado está na parte alta do outeiro. Trátase dun batolito granítico de gran tamaño (case tres metros de longo) e o motivo está nun rebaixe ao NE do afloramento. No petróglifo está representada a figura dun posible cérvido de pequeno tamaño (uns 30 cm.) Os sucos teñen 2,5 cm de ancho. No petróglifo, moi desgastado, denótanse tamén a presencia de 5 picazos aillados ademáis de dous posibles círculos concéntricos xusto enriba do zoomorfo, na actualidade apenas visibles.
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Comments