Descrición
A primeira estación é Prousos Magos I, localizase nun esporón rochoso, moi visible e localizada en tres puntos diferentes. Son fundamentalmente agrupacións de coviñas de diversos tamaños, salvo na pequena cova que forman as rochas, onde atopamos tamén combinacións circulares. Destaca pola gran cantidade de coviñas (unhas 30) de dimensións variables, algunhas delas unidas por sucos, nunha laxe de 80 x 65 cm. Nas laxes da contorna aprécianse algunhas coviñas dispersas.
Pinchando aquí podes ver o modelo editado con MeshLab. Nesta imaxe apreciase en detalle a laxe coa maior concentración de coviñas.
Para máis información consulta o Museo Arqueolóxico Aberto
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. 2008, “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
Comments