Petróglifo localizado no rechán dunha dorsal de acusada pendente cara ao oeste. Atópase en Reibón, na parroquia de Meira (Santa Eulalia), concello de Moaña. Os gravados sitúanse nunha laxe de granito de 1,25 m x 1,85 m. Trátase dunha complexa combinación de círculos concéntricos, acompañados por un complexo motivo de distintos deseños curvilíneos, circulares e semicirculares, enlazados por unha maraña de trazos, enmarcados nos laterais por outros motivos de forma cuadrangular. Parte dos motivos pérdense cara o oeste pola vexetación que cobre parte da rocha. Os sucos teñen un ancho de 2,5 cm. A rocha está erosionada por axentes naturais e pola repoboación recente de eucaliptos. Este petróglifo é un Ben de Interese Cultural (BIC), está recollido no catálogo da Xunta de Galicia (GA36029059) e no catálogo do PXOM de Moaña (ficha nº 59)
Renderizado do petróglifo feito con Meshlab
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Comments