Cruciforme sobre peana (Meira, Moaña)3D Model
No petróglifo está representada unha cruz sobre unha peana. O gravado está situado nun afloramento granítico a 130 metros de altitude sobre o nivel do mar nas inmediacións da torre medieval de Meira, e forma parte dun conxunto rupestre -moi posiblemente- de época medieval. Na mesma rocha existen outros gravados consistentes en trazos rectilíneos, cruciformes simples, cruciformes con peanas e tres motivos de representación da custodia. Ao noroeste, noutra rocha do mesmo afloramento, atópase un motivo illado.
Este petróglifo é un Ben de Interese Cultural (BIC), está recollido no catálogo da Xunta de Galicia (GA36029008) e no catálogo do PXOM de Moaña.
Consulta aquí a súa ubicación.
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Comments