Báculo do Bispo Gonzalo de Mondoñedo #galicia1003D Model
O chamado «tesouro de san Gonzalo» componse dun anel e un báculo que se supoñen noutrora pertencentes ao bispo mindoniense Gonzalo Fróilaz. O báculo é de pequeno tamaño —uns dez centímetros—, de bronce cicelado que, en palabras de R. Yzquierdo, «se decora con triángulos alternados e dourados que dan orixe no centro a unha especie de rombos; nos seus extremos unhas molduras dan paso ao bastón e á voluta»; esta ten forma de animal, de serpente, e remata nunha cabeza que leva unha bóla na súa boca. O báculo é un símbolo clásicos do bispo, e representa a súa calidade de pastor dos homes e mulleres polos que coida e vela, o seu pobo diocesano.
Modelo realizado para a exposición #galicia100. Deseño: Patricia Mañana Borrazás, Alejandro Güimil Fariña
Obxecto conservado no Museo Parroquial de San Martiño de Mondoñedo (Lugo)
Comments