Pedra da Serpe (sen restauración virtual)3D Model
Pedra de granito exenta (90x80 cms) cáseque esférica con grabado serpentiforme, pero sen varias cazoletas, ao contrario do que di a bibliografía. O petróglifo consiste nunha liña ondulante cunha coviña nun dos seus extremos. Atópase ao pé da capela adicada á Virxe dos Remedios, noutrora chamada a Virxe do Castro (século XVII), xa que está asentada sobre un xacemento castrexo. Este asentamento -o Castro dos Remedios- sitúase na parroquia de Tirán, concello de Moaña (Pontevedra) As crónicas orais relatan que o emprazamento orixinal desta pedra era outro, pero sería traslada máis tarde ao carón da igrexa e fixada a un soporte de cemento. Malia todo isto, a existencia deste petróglifo deu lugar á formación de moitas lendas -case todas ambientadas na noite de San Xoán- que na realidade son variación unhas doutras.
Consulta aquí a súa ubicación.
CC AttributionCreative Commons Attribution
Comments