►FICHA TÉCNICA: ![] (http://oi67.tinypic.com/es9th0.jpg)
• Número de Inventario: 351
• Título: Retrato do Emperador Augusto
• Procedencia: Depósito do Museo Nacional del Prado. Foi depositado no Museo de Pontevedra por Real Orde de 8 de xuño de 1929.
• Tipo de contexto: Descoñecido.
• Tipoloxía: Escultura/Bulto redondo.
• Material: Mármore Branco.
• Época: Romana/Clásica.
• Cronoloxía: Ca. 27-20 a.C
• Medidas: 36x18x20 cm.
• Peso: 492 grs.
• Coleccións: Colección Museo Nacional del Prado.
http://catalogo.museo.depo.es/inweb/ficha.aspx?t=o&id=9181
► DESCRICIÓN:
Retrato do Emperador Augusto (63 a. C-14 d.C). Esculpido en mármore branco, descansa sobre unha peana de granito. A forma na que se retrata ao emperador correspóndese a un determinado estilo de representación de Augusto, coñecida co nome de Prima Porta, polo seu parecido cunha estatua de Augusto existente nos Museos Vaticanos con esta procedencia.
► AUTOR DO MODELO 3D: Eloy Martínez Soto.
Comments