A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) presenta, en colaboración co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, a exposición [Es] Pazo Meirás, unha mostra gráfica que explica os diferentes usos do Pazo de Meirás ata estar en mans de Franco, así como o proceso democrático de recuperación. Este proxecto está baseado na documentación do libro de Carlos Babío e Manuel Pérez: Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio; que foi sintetizada e plasmada por membros da CRMH, historiadores, arquitectos, xornalistas, estudantes, entre otros participantes, e se poderá ver dende o 1 de decembro no Obelisco da Coruña. Foi no mes de setembro de 2020 cando o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimaba a demanda do Estado que condenaba aos herdeiros do ditador a devolver o pazo de Meirás a este último, deixando claro que esta adquisición foi ‘unha venda simulada’ realizada no ano 1941 e nun contexto de represión.
Comments