Petróglifo do "Guerreiro do Río Loureiro"3D Model
Modelo fotogramétrico
►UBICACIÓN:
Situado no lugar de Erbello, San Cibrán de Aldán, Cangas do Morrazo. Consulta a súa ubicación exacta aquí.
► DESCRICIÓN
Trátase dun dos motivos máis destacados deste conxunto de gravados. Nel sobresae a figura dun posible guerreiro de perfil coroado con casco de cornos e brandindo unha espada en alto e un escudo redondo, cuberto cunha túnica. Ao seu carón aparece a representación dunha posible cabana de planta circular, cuberta cónica e porta cadrada. O resto das gravuras son de moi difícil lectura. Existen tamén varias cazoletas.
Segundo o investigador Francisco Javier Torres Goberna, o conxunto data aproximadamente do período do Bronce III ou Final (1200-600 A.C).
Calco de Antonio de la Peña Santos
CC Attribution-NonCommercialCreative Commons Attribution-NonCommercial
Comments