►FICHA TÉCNICA: ![] (http://oi63.tinypic.com/e7x89u.jpg)
• Número de Inventario: 11603
• Título: Gravados da Estela Megalítica de San Salvador de Poio.
• Contexto de campo: Igrexa parroquial de San Salvador de Poio (Poio).
• Tipo de contexto: Escavación de urxencia.
• Tipoloxía: Estela.
• Material: Pedra/Granito.
• Época: Megalitismo/Calcolítico.
• Medidas: 210x66x25 cm.
• Coleccións: Fondos Arqueolóxicos do Museo de Pontevedra.
http://catalogo.museo.depo.es/inweb/ficha.aspx?t=o&id=21673
► DESCRICIÓN:
Modelo 3D dos gravados da Estela Megalítica de Poio. Trátase dunha lousa alargada de granito á que lle falta o extremo superior. Presenta sobre unha das súas caras un gravado de características antropomorfas carente de cabeza e da parte superior do tronco a causa da fractura xa mencionada. Esta peza está exposta na Sala de Arqueoloxía do Museo de Pontevedra (Edificio Sarmiento)
► AUTOR DO MODELO 3D: Eloy Martínez Soto.
Comments